O noso mel recóllese nas serras galegas de Os Ancares e O Courel, sempre en cotas superiores aos 500 metros de altitude. Temos arredor de 8.000 colmeas para producir os nosos meles de montaña. Máis de 5000 están inscritas no Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia.
Do resto das nosas abellarizas extraemos o mel ecolóxico Pazo de Lusío, certificado co selo do CRAEGA, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.
Tamén envasamos o pole e o própole que recollen as nosas abellas.