espaņolenglishgalego

Somos unha empresa familiar galega e traballamos no sector apícola dende a década dos 80. Daquela comezamos a instalar as nosas colmeas, sempre a máis de 500 metros de altitude, polas serras dos Ancares e do Courel. En 1991 transformámonos nunha Sociedade Limitada, e ampliamos a empresa con dúas plantas de procesado. Unha, a de extracción de mel, está situada no concello lugués de Samos, no Camiño de Santiago. A outra instalámola no Polígono da Grela, na cidade de A Coruña, e nela centralizamos o envasado e a distribución dos nosos produtos. Distribuímolos por toda Galicia e España, e tamén os exportamos a Alemaña, Francia e Bélxica.

Certificamos toda a produción das nosas abellarizas co selo da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, e unha parte importante delas están tamén inscritas no  Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.